8 de marzo. Día internacional da muller. De Bos Aires a Galicia
5.° curso
Unha efeméride para conmemorar…
O 8 de marzo de 1908, un suceso transcendental marcou a historia do traballo e da loita sindical no mundo enteiro: 129 mulleres morreron nun incendio na fábrica Cotton de Nova York, nos Estados Unidos, logo de que se declarasen en folga permanecendo no seu lugar de traballo.
Procuraban unha redución de xornada laboral a 10 horas, un salario igual ao que percibían os homes que facían as mesmas actividades e mellorar as malas condicións de traballo que padecían.
O dono da fábrica ordenou pechar as portas do edificio para que as mulleres desistisen e abandonasen o lugar obtendo como resultado a morte das obreiras que se atopaban no interior da fábrica.
Ese mesmo ano, o 3 de maio, realizouse un acto conmemorativo do Día da muller en Chicago, preámbulo para que o 28 de febreiro de 1909, en Nova York, se celebrase por vez primeira o “Día Nacional da Muller”.
Lembrando aquel 8 de marzo de 1908, o alumnado de 5.° curso do nivel primario, acompañado pola profesora Denise, quixo recordar algunhas mulleres que fixeron historia, aquelas que hoxe en día nos deixaron un ensino e un dereito adquirido.
“De Bos Aires a Galicia” foi o nome que lle adxudicamos a esta clase.
Compartimos pequenas historias que posuían como denominador común ter unha muller pouco coñecida como partícipe dun feito histórico importante.
Para isto, traballamos co libro “Mujeres insolentes” de Felipe Pigna. Nesta obra lemos a historia de Mariquita Sánchez de Thompson, muller pasional e solidaria; María Guadalupe Cuenca, revolucionaria e compañeira; Juana Paula Manso, impulsora xunto a Sarmiento do proxecto revolucionario “Escola de ambos sexos”; Eva Duarte de Perón, impulsora do sufraxio feminino…
E tamén chegamos a Galicia. Así coñecemos, entre outras, a Isabel Barreto, a primeira almiranta de navegación; as irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega, médicas investigadoras; Rosalía de Castro, poeta e novelista; Concepción Arenal Ferrol, pioneira do feminismo español; Sofía Casanova, xornalista e correspondente de guerra; Clara Campoamor Rodríguez, impulsora do sufraxio feminino en España.
Os mozos e mozas investigaron en grupos a historia destas eminencias e a información que consideraron máis relevante expuxérona en carteis para compartir con toda a comunidade.
Deixámoslles algunhas imaxes que nos legou este 8 de marzo. Ata a vindeira!