7° curso e secundaria

67916805_2411985245537022_5259321916493135872_n

Continuando coa articulación entre 7.º grao e o nivel secundario, algúns mozos e mozas de 4.º e 5.º curso de bacharelato mantiveron un encontro co alumnado do último curso de primaria para analizar aspectos vinculados ao nivel superior e aqueloutras particularidades do Santiago Apóstolo.

Asemade, os maiores responderon preguntas, algunhas que, previamente, foran pensadas xunto coa directora dos niveis inicial e primario e outras que foron xurdindo no momento.

Foi unha experiencia agradable e enriquecedora que continuará noutros encontros e con máis actividades en conxunto co Equipo de Orientación Escolar.

Galería de fotos