5ª curso en Buque Escola Juán Sebastián Elcano

No día de hoxe, grazas ás xestións desenvolvidas pola Consellería de Educación da Embaixada de España na Arxentina, o alumnado de 5.º curso de Bacharelato visitou o Buque Escola Juan Sebastián Elcano.

Durante o percorrido, 2 gardamariñas da Armada Española acompañaron o grupo, respondendo as súas preguntas e explicando con moito detalle o funcionamento do veleiro, o seu fin e as misións que desenvolve polo mundo adiante. 

Asemade, o comandante da embarcación, capitán de navío Ignacio Paz García, dirixiulles unhas palabras aos mozos e mozas e animounos a traballar de xeito cooperativo, respectuoso e construtivo nas súas vidas.

Mira mais fotos aquí

Galería de fotos