5.º curso: video conferencia con Galicia
O alumnado de 5.º curso de Bacharelato do noso instituto mantivo unha video conferencia con mozos e mozas do Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa, Galicia.
Durante o encontro virtual, desenvolvido integramente en lingua galega, falaron dos gustos musicais e gastronómicos; explicaron as características dos lugares de residencia (Arzúa e Bos Aires) e aproveitaron para pórse en contacto a través das redes sociais. Asemade, o alumnado de Galicia aproveitou para invitar á rapazada arxentina a que durante a súa viaxe de estudos vaian ao “Festival de la luz” que se organiza na segunda fin de semana de setembro.
Con esta iniciativa da profesora Fina Silva, rapaces e rapazas de ambas as beiras do Atlántico contribuíron a estreitar un pouco máis a distancia física existente e fixeron agromar fíos silandeiros de unión e irmandade.