4° e 5° curso: Clemence Morin da Sorbona de París

57160979_2199175583484657_2850070109270048768_n

 

Clemence Morin estudante de Xeopolítica da Universidade Da Sorbona de París visitou o noso centro educativo co obxectivo de coñecer o traballo que desenvolve. Asemade, mantivo un encontro co alumnado maior do instituto durante o cal explicou o estudo de fin de carreira que está a realizar analizando a comunidade galega de Bos Aires, o mantemento da súa identidade e os seus vínculos con Galicia.

Os mozos e mozas de 4.º e 5.º curso de Secundaria realizaron unha enquisa anónima para colaborar co proxecto e aproveitaron para consultarlle a Clémence diferentes aspectos vinculados coa vida en Francia.

Galería de fotos