2ª A y B: proxecto “alimentación saudable”

No marco do proxecto “Alimentación saudable” dúas nais do instituto, que ademais son doutoras, visitaron 2.° A e 2.° B do nivel Primario para compartir co alumnado hábitos que nos axudarán a alimentarnos correctamente. A través dunha interesantísima presentación que acompañaron de abundante material mostráronnos xeitos de coidar o noso organismo.