23-9, 18 hs, ciclo Mestre Mateo: “CUÑADOS”
Sinopse: Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.
A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstolo, achegará este ano a Bos Aires oito das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 (www.ciclomestremateo.gal).
-TRAILER AQUÍ