23 de agosto. 3º Espazo para a Mellora Institucional para docentes

No día de hoxe, o cadro de persoal docente dos 3 niveis do Instituto Santiago Apóstolo desenvolveu o 3.eiro Espazo para a Mellora Institucional programado pola Dirección General de Educación de Gestión Privada do Ministerio de Educación do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires.
A primeira hora, as docentes dos niveis inicial e primario mantiveron un encontro coa directora Julieta D´Angiolillo na que analizaron as novas disposicións da Dirección Xeral de Educación que proximamente entrarán en vigor, planificaron a vindeira xornada de Educación Sexual Integral segundo as disposicións contidas na Lei 26.150 e afondaron na coordinación das tarefas entre as quendas de mañá e tarde. Estes niveis pecharon as actividades co Obradoiro titulado “Aprender jugando. Utilizar herramientas lúdicas en el aula” que impartiu Valeria Villafañe, capacitadora da Editorial Santillana.
Pola súa parte, no nivel secundario, os titores, a asesora institucional e as psicopedagogas do colexio deseñaron estratexias para fortalecer aspectos vinculares entre o alumado, avaliaron os resultados obtidos no traballo institucional coa antes referida Lei 26.150 e proxectaron estratexias pedagóxicas tendentes a mellorar o sistema de avaliación.
Galería de fotos