23 de abril, 18:00 h.: “A Virxe Roxa”. Ciclo Mestre Mateo 2022.
O sábado 23 de abril ás 18.00 horas no Salón de Hostalería do Centro Galicia proxectarase “A VIRXE ROXA”.
A película gañou o Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2022. O Ciclo anual Mestre Mateo preséntanos o noso instituto. En Arxentina proxéctase mensualmente na sede do Centro Galicia en Bos Aires.
A Academia Galega do Audiovisual, co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstol, achegará oito de as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 (www.ciclomestremateo.gal).
Sinopse:
A virxe roxa conta un suceso que conmocionou á sociedade española dos anos 30 do século pasado, protagonizado por Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, unha moza que con só 18 anos se convertiu nunha das feministas máis destacadas da Segunda República Española, pero que pasaría á historia por ser asasinada a mans da súa nai.
Mira o tráiler aquí: