2° grao: Texto instrutivo

Para practicar o texto instrutivo, con 2.°A e 2.°B fixemos “slime”
Primeiro, escribimos todos os ingredientes que tiñamos que empregar e anotamos os pasos que deberiamos seguir para realizar a produción. Posteriormente, xogamos coa masa.
Ingredientes que mesturaron as profesoras para realizar “slime”:
- 1 cunca e media de auga quente.
- 1 cullerada pequena de bórax. (Este produto ha de ser manipulado por unha persoa adulta sempre).
- 1 cunca e media de plasticola branca.
- Un pouquiño de colorante vexetal.
Instrucións que seguimos para preparar a masa:
-
1.eiro paso:
- Nun recipiente colocamos unha cunca de auga quente coa cullerada pequena de bórax e mesturamos ben para que se disolva.
-
2.º paso:
- Noutro recipiente mesturamos a media cunca de plasticola branca xunto con media cunca de auga quente. Logo de ter ben mesturados auga e plasticola, engadimos o colorante e seguimos remexendo.
-
3.eiro paso:
- Xuntamos as mesturas de ámbolos recipientes e revolvemos ben ata que se forme unha masa uniforme que se poida agarrar coa man.
-
4.°paso:
- Amasar ben coa man o “slime” e xogar dándolle forma.
-
5.° paso:
- Divertirse a esgalla!
