Visita de Xabier Iglesias

IMG-20231103-WA0001

A semana pasada visitou as aulas de 5.°A e 5.°B Xabier Iglesias, mestre de baile tradicional e investigador do patrimonio cultural de Galicia, quen estaba en Bos Aires impartindo clases de baile en varios centros galegos.

Na aula, puidemos compartir con el ideas, facerlle preguntas e retomar todo o que estivemos descubrindo sobre a música e o baile. Tamén tivemos tempo para aprender a bailar unha muiñeira!.

Foi unha boa xornada. Agradecémosche moito a túa visita ao colexio Xabi.

VER VIDEO AQUÍ 

Galería de fotos