Centro Cultural da Ciencia
O xoves, 14 de setembro, o alumnado de primeiro de bacharelato visitou o Centro Cultural da Ciencia.
No C3 os mozos e mozas foron recibidos/as por 2 especialistas que dirixiron un obradoiro vinculado á percepción.
Posteriormente, o grupo percorreu o resto do centro, visitando a exposición do laboratorio “Mundo Funga”, a sala “El Azar” e a sala “El Tiempo”.
Ademais, tamén puideron gozar do parque que posúe este interesante edificio.