Obradoiro de RCP

WhatsApp Image 2023-05-29 at 12.40.00

O pasado martes, 23 de maio, no nivel secundario os e as estudantes de cuarto e quinto ano realizaron un obradoiro de Respiración Cardiopulmonar que estivo a cargo de especialistas da Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais (UCES).

Despois de visualizar unha presentación que achegou as carreiras que poden cursar na UCES, o alumnado -baixo a coordinación dunha enfermeira da universidade- practicou con bonecos a reanimación cardio torácica e as accións que se deben desenvolver no caso de que unha persoa se atope inconsciente.

Galería de fotos