19 de maio. 11 hs Acto do día das letras galegas 2022 coa presenza de Adolfo Pérez Esquivel

Screenshot_20220517-145431_2

O vindeiro xoves, día 19 deste mes, ás 11 horas, o noso instituto organizará un acto institucional conmemorativo do Día das Letras Galegas que hoxe celebramos.

Este acto, que se poderá seguir en directo en YouTube e contará coa presenza do Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, que falará cos estudantes.

Ademais da ilustre visita, conectaremos con Galicia para escoitar as intervencións de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Luciano Sobral Fernández, alcalde da vila de Poio, localidade pontevedresa que alberga o Parque da Memoria, obra deseñada por don Adolfo para a terra paterna; e Xan Leira, cineasta e documentalista.

Enlace a Youtube en directo: https://bit.ly/3FS91EO