Exalumnas do noso Instituto, recibiron a semana pasada cadansúa bolsa de estudos de excelencia dirixidas á mocidade do exterior (BEME)

cl

Carla Laurido e Covadonga González Cid, exalumnas do noso Instituto, recibiron a semana pasada cadansúa bolsa de estudos de excelencia dirixidas á mocidade do exterior (BEME) que outorga a Xunta de Galicia.

Aledámonos, felicitámolas polo excelente logro acadado e animámolas a que continúen os seus estudos coa maior dedicación e esforzo.