13/11. Encontro da Escola para Pais

O encontro da Escola para Pais que se levou a cabo o luns, 13 de novembro, e que estivo coordinado polas licenciadas Valeria Trotta e María Belén Mariño, psicopedagogas do noso equipo de Orientación Escolar.
O eixe temático do encontro centrouse en repensar a relación filial pais-fillos, as situacións e conflitos tradicionais e aqueloutras que son propias da época actual: “Miro o que quero, cando quero”, “a obsesión youtuber”, “saídas conflitivas”, “a xeración do quéroo xa!“, “redes sociais: territorio de risco”, “axendas recargadas” e “limites difusos”.
Tratouse dun encontro de intercambio moi rico no que participaron familias dos tres niveis da institución escolar.