Marcelino Agís Villaverde

59547785_2226363754099173_3459265805223460864_o

O decano da Facultade de Filosofía da Universidade De Santiago De Compostela, Marcelino Agís Villaverde, mantivo un encontro co presidente da Delegación Arxentina Da Fundación Galicia América, Manuel Peleteiro Pérez.

Malia que por mor do paro xeral o centro de estudos contaba cun escaso número de alumnos e alumnas, o profesor quixo percorrer as aulas do instituto e coñecer polo miúdo o traballo pedagóxico-institucional que o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol desenvolve.

Durante a reunión na que participou tamén o escritor Luis Gonzalez Tosar, premio Rosa Dos Ventos 2013, o catedrático de Filosofía, antes de asinar no libro institucional de visitas, explicou a compracencia que lle produciu coñecer o traballo da nosa escola e comprometeuse a apoiala en canta ocasión se lle presente.

Galería de fotos