12 de xullo: acto institucional conmemorativo do Día de Galicia. Invitación a la familias

Estimadas familias:

Dentro das actividades que o alumnado do Instituto Santiago Apóstol desenvolve ao longo de todo o ano en prol da aprendizaxe, valoración e espallamento do Patrimonio Cultural galego, o vindeiro mércores, día 12 deste mes no que andamos, no marco do acto institucional conmemorativo do Día de Galicia e antes de principiar as vacacións invernais, os rapaces e rapazas do noso centro educativo renderanlle unha homenaxe ao escritor Carlos Casares, autor de salientable importancia para a Cultura Galega.

A través da presente nota, invitámolos a que compartan connosco as diferentes actuacións preparadas, as cales se desenvolverán no salón Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires e estarán abertas a todo o público. (A entrada efectuarase polo acceso principal do instituto [Paso, 51]).

A primeira función, para o nivel Primario (1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º cursos) terá lugar ás 08:30 horas e a segunda (7º de Primaria, nivel Secundario e nivel Inicial) ás 10:15 horas.

Agardando que nos poidan acompañar nesta data tan senlleira, reciban un afectuoso saúdo.