Feira do Libro 2018

A feira do libro institucional 2018, baixo o título “Viaxes literarias” desenvolveuse do 5 ao 18 de xuño para todos os niveis educativos do noso instituto.
Organizada pola Biblioteca de Peregrinos, a Biblioteca do nivel Secundario e Palabras Imaxinadas, abarcou múltiples actividades que articularon todos os cursos formativos coa presenza e acompañamento das familias. 
Exposicións variadas, conferencias de recoñecidos narradores, ilustradores e escritores, funcións de teatro e unha homenaxe á escritora Liliana Bodoc culminaron coa entrega dos premios do VIII Concurso de Conto e Poesía en lingua castelá e galega na que participou unha gran parte do noso alumnado.
MIRA O ÁLBUM CON FOTOS DA FEIRA 2018 AQUÍ