Xabier Quiroga no Instituto Santiago Apóstol

Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Xabier Quiroga visitou o noso centro de estudos, percorreu as instalacións e coñeceu de primeria man a realidade institucional.
Posteriormente, mantivo un encontro co alumnado do nivel Secundario no que expuxo as liñas fundamentais da súa escrita, animou aos mozos e mozas a seren libres para decidir o seu futuro e respondeu as preguntas do auditorio que, atentamente, escoitou as súas palabras.
Mañá, sábado, ás 19 horas, no stand da Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires (Pavillón amarelo – posto 1799) Xabier presentará o libro “La casa del nazi”, novela amplamente enxalzada pola crítica.
