Inicio do ciclo lectivo 2018 no nivel Secundario

Ás 8 da mañá do día de hoxe o alumnado do nivel Secundario xunto ao equipo directivo da institución desenvolveu o tradicional acto de inicio de clases.
Principiou a actividade cunha festiva celebración que realizaron os mozos e mozas de 5.º curso na que presentaron ao resto da comunidade educativa presente o seu “primeiro día do último ano”. Así, cun colorido e ruidoso percorrido ao redor dos seus compañeiros de nivel festexaron o inicio da súa derradeira xornada inicial na nosa institución.
A continuación, levouse a cabo o acto protocolario que presidiron os abandeirados e abandeiradas acompañados polo reitor do nivel Secundario, Juan Domingo Rodríguez, a directora dos niveis Inicial e Primario, Julieta D´Angiolillo, e o director xeral do centro educativo, Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro. Todos os presentes entoaron a letra do Himno Nacional Arxentino, escoitaron a melodía do Himno de España e cantaron as estrofas do Himno de Galicia.
Como peche, o director do nivel felicitou a todos pola concorrencia e tivo especiais palabras para os alumnos e alumnas de 5.º ano que festexaron con alegría, civismo e responsabilidade o comezo da súa etapa final no Santiago Apóstol. Asemade, animou a docentes e alumnos, en especial, aos rapaces e rapazas de 1.eiro ano aos que deu a benvida e animou a traballar para facer realidade os obxectivos deste ciclo.
Asistiu ao acto unha numerosa representación de pais e nais que gozaron e emocionáronse coa alegría e as expectativas dos seus fillos diante dun novo ano escolar.
Para ver fotografías, pica aquí
Vexa o vídeo da entrada de 5.° ano ao seu primeiro día do seu último ano escolar Pica aquí