2°grao: Inglés. The colour monster
Como peche da unidade didáctica na que traballaron vocabulario en inglés referido ás emocións, os mozos de 2.º grao A e B, xunto á profesora Soledad, traballaron co conto “The colour monster” para identificaren os estados de ánimo propios e do monstro con distintas cores. Debuxaron o monstro, preguntáronse como se senten (how are you today?) e situaron as súas “emocións”, representadas por cintas de distintas cores, nos frascos correspondentes.
Foi unha actividade na que os mozos se sentiron involucrados desde o afectivo, xa que lles permitiu non só aprender vocabulario novo senón tamén expresar e poñer en palabras e xestos o que viven acotío.