BUENOS AIRES CELEBRA GALICIA 2017

O Instituto Santiago Apóstol estivo presente no evento “Buenos Aires celebra Galicia 2017”.
O noso centro educativo participou dos festexos da colectividade galega co gallo da 4.ª edición de “Buenos Aires celebra Galicia” o pasado sábado, 7 de outubro, na tradicional Avenida de Mayo.
Cunha fermosa climatoloxía, gozamos dunha xornada na que o Santiago Apóstol instalou un posto para mostrar a todos os interesados algunhas das actividades que desenvolvemos acotío. Asemade, o alumnado de 4.º curso de Bacharelato púxose á fronte do posto da Editorial Mar Maior para achegar a Cultura Galega aos visitantes.
Durante toda a xornada, ámbalas dúas casetas foron visitadas por familias, alumnos, exalumnos e moitísima xente interesada en coñecer un pouco máis de preto a vizosidade da Galicia exterior.
Para ver fotografías do evento pica aquí
Mira un vídeo acó
Actividade destacada no escenario principal da festa:
O grupo de bailes tradicionais do Instituto Santiago Apóstol, que dirixe a profesora Mari Patiño, actuou durante o evento. Felicitacións á profesora, a Araceli Fernández Pena (canto e percusión), alumnos e alumnas.