MOSTRA DE CARTEIS: FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AUDIOVISUAIS 2017

Comprácenos invitalos á inauguración da mostra de carteis publicitarios do Festival de Curtametraxes Audiovisuais do instituto, que terá lugar na Sala Luís Seoane do Centro Galicia o vindeiro martes, 8 de agosto, ás 08.20 horas. (A entrada para acceder ao evento realizarase a través do propio colexio [Paso, 51]).
Esta mostra plástica realizada polo alumnado dos niveis Primario e Secundario coa coordinación dos docentes de Plástica e Artes Visuais, promociona o Festival de Curtas Audiovisuais 2017 “Vídeos Verdes”, certame que na súa segunda edición abarca os meses de agosto e setembro e continúa o proxecto institucional iniciado en 2016 de “Escolas Verdes”.
Achegar un debate construtivo sobre o uso dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente e a conciencia ecolóxica son obxectivos que perseguimos e tarefas que serviron para que o ano pasado o Ministerio de Educación da Cidade Autónoma de Bos Aires distinguise ao noso instituto co primeiro dos lazos ambientais que outorgan.
CAPACITACIÓN VOLUNTARIA EN FILMACIÓN E EDICIÓN DE VÍDEO A FAMILIAS.
Tal e como se anunciou antes do receso escolar, o festival consta de 3 categorías (familias e alumnado de nivel Inicial, alumnado de Primaria e Secundaria e docentes da institución).
Atendendo ao anterior, coa intención de brindar un espazo introdutorio ao uso do vídeo, invitámolos a que asistan a unha capacitación sobre filmación e edición de vídeo que lles facilitará ferramentas para que poidan presentar como familia unha peza audiovisual simple de temática ecolóxica para o festival.
Esta exposición, que correrá a cargo do cineasta Xan Leira, desenvolverase en dúas quendas: Luns, 14 de agosto, de 08.15 a 09.30 horas e venres, 18 de agosto, de 15.30 a 16.30 horas.
Agardámolos!
Xan Leira
Polifacético creador que ten exercido de director, produtor, guionista, ademais de profesor, escritor e editor. Comezou no mundo do audiovisual na Arxentina dos oitenta onde iniciou os seus estudios cinematográficos e impartiu diferentes talleres e seminarios sobre cine. Ten feito numerosos traballos documentais entre os que destaca a triloxía sobre a historia de Galicia iniciada na longametraxe “Castelao e os irmáns da liberdade”. Da súa man naceron a produtora Iberoamericana Films S.A no 1989 e a empresa de produción de contidos Acuarela Comunicacións no 2000.