Nivel Inicial. Todo o instituto bailou ao ritmo do Entroido das salas de 4 anos

O Instituto recibiu a visita duns personaxes moi particulares.
Dende Ourense (Galicia) chegaron os Peliqueiros para mostrarlles aos nenos e nenas do noso colexio as particularidades do Entroido, o seu carnaval.
Durante o percorrido polas nosas instalacións, achegáronse a todos os niveis formativos e coñeceron docentes e directivos, en todo momento, acompañados das chocas, especie de campás atadas á cintura, e das súas máscaras e os típicos chapeus decorados por eles mesmos.
Viva O Entroido en Bos Aires!
Galería de fotos