Relatorio de Biblioteca do secundario na U. de Palermo

A experiencia de 2016 achega do proxecto de biblioteca do Secundario:
“Recreos literarios” terá oportunidade de ser presentada nun relatorio a
realizarse o martes 23 de maio entre as 10 e as 13 hs na Facultade de
Deseño e Comunicación da Universidade de Palermo (Cabrera 3641 CABA). A
entrada é libre e gratuita con inscripción previa online.
O título da disertación ofrecida nesta universidade por Marta Villar,
bibliotecaria do noso Instituto e Fernando Doural, Asesor en
Comunicación do noso centro educativo, titúlase: “Unindo continentes: do
papel á realidade virtual” e relata este proxecto de animación á lectura
desenvolvido semanalmente nos recreos do secundario.
A actividade proposta redefine o rol do bibliotecario como ponte e
facilitador do respecto á diversidade cultural a través da apropiación
simbólica de autores en lingua galega que visitan regularmente o noso
colexio.
Mediante dinámicas que inclúen o uso do papel, as artes e as TIC como
realidade aumentada, QR e as RRSS como canle multiplicador do fenómeno
comunicacional damos conta da construción dos que realizan os alumnos
voluntarios de envorcarse á literatura dun modo diferente nun momento
onde o libro migra con rapidez a soportes virtuales.
Esperámolos!…
Inscripción libre y gratuita: goo.gl/12NZR5