Acto de entrega de recoñecementos a Escolas Verdes

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo recibiu dentro do marco do programa Escolas verdes, o recoñecemento polo traballo realizado nos 3 niveis como “Escola comprometida” correspondente ao Lazo Ambiental I dun camiño de educación no medio ambiente que consta de catro etapas ou lazos ambientais.
A entrega deste recoñecemento para os tres niveles do noso Instituto fíxose na Escola Bernasconi, á que concorreron as docentes que son referentes ambientais dentro do comité para a temática formado este ano con alumnos de primaria e secundaria acompañados por docentes e directivos.
A xornada no Bernasconi dividiuse en distintas etapas : -acreditación, almorzo, presentación do evento no salón de actos, ateneo para compartir experiencias e realización de distintos talleres (divididos nos tres niveles), xantar, presentación da Orquesta Xuvenil de Caballito, executando varias pezas con instrumentos realizados con materiais de descarte, entrega das placas de recoñecemento ás distintas escolas de Xestión Pública e Privada e entrega dos certificados de asistencia.