Visita do Prof. Ricardo García Mira.

O deputado no Parlamento de España e profesor da Universidade da Coruña, Ricardo García Mira, impartiu unha conferencia ao alumnado maior da nosa institución.

No devandito encontro, o profesor de Psicoloxía Social e Ambiental faloulle ao alumnado da importancia do desenvolvemento sustentable, dos traballos que neste campo está a coordinar e daqueloutros que se están a levar adiante na Unión Europea.

Logo da charla e de responder algunhas preguntas de mozos interesados no tema tratado, coñeceu o Centro Galicia, percorreu as nosas instalacións e asinou no libro de ouro institucional. Asemade, na xuntanza que mantivo coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América, tomou coñecemento de todos os traballos que o Santiago Apóstol desenvolve a prol da defensa da identidade patrimonial galega e dos proxectos pedagóxicos en constante reformulación.

Bio de Ricardo García Mira

Profesor de Psicología Social y Ambiental de la Universidad de A Coruña, coordina el Grupo de Investigación Persona-Ambiente, desde el que dirige el Consorcio Europeo de Investigación GLAMURS sobre Estilos de Vida Sostenible y Economía Verde en Europa.

Es presidente de la sociedad científica internacional IAPS (International Association for People-Environment Studies) y, entre otras, fue profesor visitante en la Universidad de Texas (USA) y la Universidad de Surrey (Inglaterra).

Galería de fotos