Luís G. Tosar, académico correspondiente da Academia Argentina de Letras

O escritor Luís González Tosar foi designado académico correspondente da Academia Argentina de Letras nunha sesión plenaria desenvolvida en Bos Aires o pasado día 9 de outubro.

O poeta, presidente do Centro PEN Galicia e impulsor da Fundación Insua dos Poetas conta cunha ampla traxectoria de activismo cultural ademais de posuír unha contrastada obra literaria.

Luís G. Tosar, entre os moitos galardóns e recoñecementos que acumula, é premio Rosa dos Ventos 2013, galardón que outorga anualmente o alumnado de 5.º de Bacharelato do noso centro de estudos.

Dende o Instituto Santiago Apóstol desexamos festexar con satisfacción o recoñecemento e transmitirlle ao galardoado o máis fondo agradecemento polo seu apoio permanente ao noso labor formativo.

 

Enlaces:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2015/10/10/gonzalez-tosar-representara-galicia-ante-academia-argentina-letras/0003_201510G10P37993.htm

http://galiciae.com/noticia/450268/luis-gonzalez-tosar-designado-representante-de-la-academia-argentina-de-letras