Visita de Isabel Pichel
A xornalista Isabel Pichel tivo a deferencia de pasar polo noso instituto para doar varios exemplares do seu libro “A viva voz” para o Instituto Santiago Apóstol e outras institucións que o noso centro de estudos fixo chegar a través da Feira do Libro de Bos Aires na que o personaxe protagonista da obra, Faladoriña, estivo tamén presente.
Achegamos unha ligazón que dá conta da importancia do presente libro.