53 imaxes das nosas Letras. Traballos do alumnado

A exposición 53 imaxes das nosas Letras serviu de marco incomparable para que o alumnado dos diferentes niveis educativos realizasen traballos sobre os autores homenaxeados anualmente pola Real Academia Galega dende 1963.

Os mozos e mozas dos diferentes cursos visitaron a mostra e, máis aló de valorar a calidade dos cadros expostos, estudaron a importancia que para a cultura de Galicia tiveron as figuras representadas na mostra.

Particularmente, no nivel Secundario, de xeito individual, o alumnado seleccionou un autor ou autora e preparou sobre a súa figura e obra unha clase expositiva.

Cómpre agradecer ao Parlamento de Galicia a deferencia que tivo co noso instituto ao facilitarnos un achegamento directo á historia das nosas Letras.