Visita da presidenta do Parlamento de Galicia
O martes, día 7 de abril, dona Pilar Rojo Noguera, presidenta do Parlamento de Galicia, visitou o noso instituto e –máis aló de percorrer as instalacións e saudar o alumnado e profesorado– reuniuse con membros da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, interiorizouse das actividades que desenvolve o centro de estudos e coñeceu os seus proxectos futuros.
A señora presidenta asinou tamén o libro de ouro institucional no que deixou constancia da súa grata impresión ao coñecer o labor do Santiago Apóstol e animounos a seguir o camiño emprendido porque, dixo, “a educación é a mellor ferramenta para preservar os valores dunha terra que aquí sentirmos tan preto de nós”.