Conferencia de José Antonio Ponte Far

O catedrático José Antonio Ponte Far impartiu o 25 de marzo unha conferencia no Centro Galicia na que realizou un percorrido pola obra de catro autores galegos universais.
Ramón María del Valle Inclán, Camilo José Cela, Gonzalo Torrente Ballester e Álvaro Cunqueiro enmarcaron a excelsa disertación que logrou atraer un público ávido de coñecer un pouco máis da obra destas figuras que contribuíron en enxalzar a característica fecundidade literaria de Galicia.
O conferenciante foi presentado polo alumno de 5.º de Bacharelato do noso instituto, Francisco Rodríguez López, quen se referiu aos autores tratados como “catro voces que lograron forxara súa universalidade a partir dos seus particulares espíritos creativos”
Galería de fotos