Feria do Libro 2014 (Centenario do nacemento de Julio Cortázar)
A Feira do Libro 2014 da nosa escola foi dedicada a Xulio Cortázar ao cumprirse o centenario do seu nacemento e contou con moitas visitas, diversas actividades e variados espectáculos. Durante sete días, o alumnado aprendeu a partir dediferentes propostasvinculadas comundo das letras, debateu e participou activamente.
Para satisfacer a demanda de todas as idades, desde o nivel Inicial ata o 7.º grao, os invitados xerarquizaron as presentacións, achegando a súa arte e creatividade.
Contamos coa presenza de María Laura Dedé, autora e ilustradora de literatura infantil, quen presentou o seu libro “El bosque no se vende”e Pablo Médici (Brocha), debuxante e autor de contos para nenos. Raquel Franco, de “Cuentos del Globo”, contounos comose fai un libro desde a creación á impresión; Graciela Piombo, de Editorial Sudamericana, realizouobradoirosde xogos nas aulas; Manuel de la Serna, narrador e cantante, cantou e contou para o nivel Inicial; Sergio Zadunaisky, profesor de cine, faloucos mozos máis grandes sobre Xulio Cortázar e Ariel Magirena, xornalista, deu unha charla sobre a palabra nos medios de comunicación. Tamén Eduardo Sacheri, recoñecido autor premiado cun Óscar pola súa novela “La pregunta de sus ojos”, levada ao cine como “El secreto de sus ojos”, estivo presente a través dunha videoconferencia.
Entre os espectáculos teatrais gozamos de “Manuelita”, de Verónica Álvarez Rivera;”La fierecilla domada”, do grupo Cuarto Creciente, e a obra musical “Unha viaxe imaxinada”, a cargo do grupo Beltaine.
Pechamos a Feiracoa entrega dos premios do Concurso de Conto e Poesía en idioma castelán e galego no que participaron moitos alumnos dos diferentes cursos.
Gaby Minardi e Ayelén Cucurell