Colegio Santiago Apostol
  • glGalego
  • esEspañol
Search
  • Home
  • Institucional
    • Ideario
    • Historia
    • Obxetivos Institucionais
    • Uniforme Escolar
  • Académico
    • Inscripción
      • Nivel Secundario
    • Inicial
      • Sala de 2 Anos
      • Sala de 3 Anos
      • Sala de 4 Años
      • Sala de 5 Años
      • Inglés
      • Música
      • Educacion Física
    • Primaria
      • Primeiro Ciclo
      • Segundo Ciclo
      • Inglés
      • Música
      • Plástica
      • Tecnología
      • Educación Física
    • Secundaria
      • Exámenes Internacionales
      • Plan de Estudios
      • Propuesta Educativa
  • Calendari
  • Comunidad
  • Contacto

Clases de Educación Musical

Xuñ01

A sala de 2 anos participa das clases de Ed Musical aprendendo novas cancións e participando de diferentes bandas rítmicas. 

Galería de fotos

#
Set 20
FEIRA DO LIBRO 2024

Grazas a quen fixo posible a nosa feira do libro! Foi un evento máxico cheo de historias e creatividade. Gozamos explorando novos mundos, compartindo con escritores, narradoras e...

#
Nov 26
Luar na Lubre no Santiago Apóstol

Bieito Romero e Patxi Bermúdez, integrantes do grupo Luar na Lubre, visitaron o noso colexio na mañá de hoxe. Logo do fantástico concerto ofrecido no día de onte na Usina del Arte...

Novedades

Venres 13 de Xuño

Semana do Medio Ambiente

Coidar o planeta é tarefa de todos e todas: Na Semana do Medio Ambiente, renovemos o noso compromiso coa Terra. No marco da Semana do Medio Ambiente, finalizamos con alegría o noso proxecto do nivel Inicial de Escolas Verdes coa creación colectiva dunha Cidade Verde. Esta cidade foi construída con todo o que realizaron os nenos e nenas do xardín, utilizando materiais reciclables. Como peche do proxecto, compartimos unha tarde de xogo neste espazo imaxinado e creado polas salas, que nos convida a reflexionar sobre a importancia de reciclar e coidar a nosa contorna. Na Cidade Verde atopamos semáforos, sinais de tránsito, edificios, árbores, prazas, persoas e unha gran variedade de obxectos, todos elaborados con creatividade e compromiso. Ver video AQUÍ

Luns 30 de Xuño

O prestixioso historiador Xosé Manoel Núñez Seixas visitou o noso instituto

O Instituto Santiago Apóstol tivo a honra de recibir unha das figuras máis relevantes da historiografía contemporánea, o catedrático Xosé Manoel Núñez Seixas, galardoado co Premio Nacional de Ensaio en 2019 e o Premio de Ensaio Manuel Murguía deste ano, entre outros moitos recoñecementos. Nunha visita que deixou unha profunda pegada na nosa comunidade educativa, o profesor Núñez Seixas –vicepresidente do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo da Emigración Galega no devandito organismo– compartiu o seu vasto coñecemento e a súa excepcional calidade humana con alumnos e directivos. A xornada tivo como acto central unha conferencia dirixida ao alumnado dos cursos superiores na que o historiador trazou un percorrido lúcido e apaixonante pola vida e a transcendencia histórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Posteriormente, mantivo un dinámico coloquio no que os estudantes tiveron a oportunidade de dialogar co catedrático, formulando preguntas de diversas temáticas que foron respondidas con proximidade e profundidade. A visita do profesor Núñez Seixas cobra unha especial relevancia ao tratarse dunha das voces máis autorizadas a nivel internacional no estudo dos nacionalismos, as migracións e a historia contemporánea de España. Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e cunha extensa traxectoria como….

Venres 27 de Xuño

Acto polo Día da Bandeira

O alumnado de sexto convidounos a mirar a historia con novos ollos. No acto polo Día da Bandeira, presentaron o resultado dun proxecto que enlazou memoria, dereitos e creatividade. Reflexionaron sobre o noso pasado visibilizando o rol das mulleres na historia nacional e latinoamericana. Participaron na creación de personaxes, escritura do guión e o deseño do artefacto para viaxar no tempo. Un traballo tan conmovedor como inspirador! Parabéns, profes e estudantes! MIRÁ EL VIDEO AQUÍ  

Martes 1 de Xullo

Obradoiro literario 2025

Como todos os anos, o alumnado do nivel Secundario traballa distintas temáticas en formato de obradoiro mensual na área de Inglés. Este ano, a proposta céntrase en diversos textos literarios. Dahl, Poe, Shakespeare, Cortázar, Assimov… son algúns dos autores cos que están a traballar e preparando distintas presentacións para a mostra de fin de ano. — Literary workshop 2025 As every year, students from secondary school are working on different topics in their monthly workshop. This year the topic is Literature. They are reading important authors such as Dahl, Poe, Shakespeare, Cortázar, Assimov and preparing different presentations for the end of the year Literary Concert.

Venres 20 de Setembro

FEIRA DO LIBRO 2024

Grazas a quen fixo posible a nosa feira do libro! Foi un evento máxico cheo de historias e creatividade. Gozamos explorando novos mundos, compartindo con escritores, narradoras e actividades literarias. Cal é o teu libro favorito? Agardamos os seus comentarios!

Facebook Pagelike Widget
Seguinos en Twitter@apostol_ok Seguinos en Instagram@santiagoapostolok
2016PREMIO LOITEMOS POLA VIDA 20162016“Escuelas Verdes”. Lazo ambiental I2013Premio Setecarballas2013Medalla Mayor de la Hispanidad2013Premio da Cultura Galega2005Medalla Galicia
Previous Next

Paso 51 (entre Av. Rivadavia y Bartolomé Mitre). CABA.

4953-4864 / 4954-6637

administracion@santiagoapostol.edu.ar


Seguinos:

Copyright ©2019 Instituto Argentino Gallego Santiago Apostol
All rights reserved.
Ver Ley N°2.681