O Instituto Santiago Apóstolo recibe ao senador español César Mogo Zaro para reforzar vínculos educativos e culturais

D

O Instituto Santiago Apóstolo tivo a honra de recibir o pasado xoves, día 24, a visita do senador por Lugo e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na Comisión de Asuntos Exteriores do Senado de España, D. César Alejandro Mogo Zaro, quen estivo acompañado polo conselleiro de Educación da Embaixada de España, don Juan Cruz Aragoneses Bernardos.

Despois dunha cálida benvida por parte das autoridades do instituto, o senador realizou un percorrido polas instalacións da nosa escola e visitou algunhas aulas dos niveis Inicial e Primario, lugares nos que o lexislador español saudou e interactuou animadamente cos alumnos e as alumnas máis novos. Asemade, as directoras do noso colexio expuxéronlle as características pedagóxicas e o ideario da institución.

Un dos momentos centrais da visita foi o encontro co alumnado do nivel Secundario. Neste marco, a alumna Amyra Rojas Vera dirixiu unhas palabras de benvida ao senador en nome dos seus compañeiros e compañeiras. No seu discurso, destacou a compracencia pola visita, o sentimento de pertenza a Galicia e España e o traballo que o alumnado desenvolve a diario construíndo o seu futuro en harmonía e liberdade. “Somos un alicerce activo e co noso estudo e preparación levamos agora e levaremos, nos traballos que desempeñemos non día de mañá, a Galicia e España sempre presentes como constituíntes da nosa personalidade”, expresou a alumna.
A continuación, o señor Mogo Zaro ofreceu unha charla sobre o funcionamento actual da OTAN e respondeu múltiples preguntas que abordaron diferentes temáticas; entre estas, máis aló do eixo central do discurso, o labor que realiza o Senado de España, o coidado do medio ambiente e a situación da lingua galega.

Como recoñecemento á súa visita e en agradecemento polo seu tempo, tres alumnos entregáronlle a medalla institucional e un modesto presente.
A axenda continuou cunha reunión cos membros da Fundación Galicia América durante a cal profundáronse aspectos sobre as características do colexio e presentáronse os proxectos futuros que a institución está desenvolvendo.

Antes de retirarse, o senador César Alejandro Mogo Zaro expresou a súa gratitude pola cálida recepción e deixou a súa firma no libro de visitas institucional, selando así unha xornada de valioso intercambio entre a representación política española e a comunidade educativa do Instituto Santiago Apóstol.

Sirvan estas palabras para agradecer as xestións de D. Cristian Moares Echazú, secretario do Centro Galicia de Buenos Aires, para que esta recepción puidésese concretar.

Galería de fotos