Visita da Asoc. Amigos do Camiño de Santiago

IMG-20240814-WA0065

O pasado mércores, 14 de agosto, recibimos á Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Buenos Aires.

Nun primeiro encontro, os nenos e nenas do nivel Inicial explicáronlles diferentes aspectos que aprenderon de Galicia nas clases e formuláronlles preguntas vinculadas coa imperecedoira ruta xacobea.

Posteriormente, antes de que os mozos e mozas emprendan a súa viaxe de estudos a Galicia, impartiron unha charla ao alumnado de 5.º curso de Bacharelato na que achegaron as características máis salientables do Camiño de Santiago.

Sirvan estas palabras para agradecer a xentileza e xenerosidade que teñen todos os anos ao querer vir compartir momentos co noso instituto.

 

Galería de fotos