VII Xornada de Orientación Vocacional UBA
O martes, 10 de outubro, o alumnado de 4.º e 5.º curso de bacharelato participou da VII Xornada de Orientación Vocacional organizada pola Universidade de Buenos Aires #YoQuieroEstudiar.
A actividade realizouse no marco do Proxecto de orientación vocacional impulsado polo Equipo de Orientación Escolar.
Nunha primeira instancia, os mozos e mozas accederon a diferentes puntos de información sobre o CBC e o programa UBA XXI, ademais de percorrer casetas nas que brindaban información relativa ás facultades coas que conta a universidade.
Posteriormente, cuarto curso asistiu ao obradoiro “Información para elixir – Ser estudante da UBA” e quinto ao taller “Claves para orientarse – Intereses e Vocación.”
Máis tarde, cada estudante elixiu libremente distintos talleres e/o actividades do seu interese que se brindaban desde as diferentes facultades.