Día das Letras Galegas 2023

20230517_095223

Nun salón Valle Inclán repleto de público, o Instituto Santiago Apóstolo de
Bos Aires rendeu a súa particular homenaxe a don Francisco Fernández del Riego, ilustre galeguista e un dos promotores –xunto a Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo– da instauración hai 60 anos do primeiro Día das Letras Galegas.

Máis aló das actividades deseñadas polo alumnado, entre as que non faltaron os bailes tradicionais de Galicia, a actuación do coro escolar, a lectura de textos alusivos e a presentación dun baile con voz en directo baseado na “Muiñeira de Novoneyra” que Carlos Núñez universalizou no seu disco “A irmandade das estrelas”, o evento –conducido por Lucila Vilariño e Valentino Bartolomeo Fraga– contou coa presenza de Luís González Tosar, escritor arxentino-galego, presidente do Centro PEN Galicia, académico correspondente da Academia Arxentina de Letras e premio Rosa dos Ventos 2013, quen achegou algúns trazos da personalidade de Francisco Fernández del Riego e afondou no mundo novo que o autor descubriu cando se achegou por vez primeira a Bos Aires da man de Luís Seoane.

Video AQUÍ

Galería de fotos