Visita de Xabier Díaz
Hoxe pola mañá o noso instituto tinxiuse de festa para recibir a Xabier Díaz, recoñecido artista e investigador da música tradicional galega que visita Arxentina e Uruguai
para realizar varios concertos.
Durante o encontro que mantivo co alumnado maior da institución no Salón Valle Inclán do Centro Galicia, acompañado polos músicos Roberto Grandal (acordeón) e Iván Costa (zanfona e gaita), interpretou perante os mozos e mozas varios temas do seu repertorio, explicoulle ao alumnado algunhas das características da música galega e respondeu diferentes preguntas que lle formularon.
Asemade, Natalia Pulleiro Núñez, quen tamén presentou o evento, interpretou xunto a Xabier unha peza coa pandeireta e algúns integrantes do grupo de bailes tradicionais da escola xunto a outros alumnos e algún exalumno, coordinados pola profesora Ana Vardaro, bailaron ao compás da música algunhas pezas.
Agradecémoslles a Xabier, a Roberto e a Iván a súa xenerosidade e compromiso co noso instituto, algo que nos enche de orgullo e reconforta.
Se queren presenciar o espectáculo de Xabier, poderán acudir o vindeiro sábado ao Centro Cultural Kirchner ás 19.00 h. A entrada é de balde previa reserva efectuada a través da web do CCK dende mañá, martes día 15, ás 12.00 h.
Máis información en https://xabierdiaz.com
Video aquí https://bit.ly/3E63Ros