Ciclo Mestre Mateo en OUTUBRO: “Malencolía”

1920×1080 px (2)

O sábado 22, ás 18 horas, proxectarase en Centro Galicia: “Malencolía”.

A Academia Galega do audiovisual co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstolo, achega este ano a Bos Aires oito das películas finalistas dos #Premios Mestre Mateo 2022. Agardámosvos!…

+ INFO: www.ciclomestremateo.gal

SINOPSE

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.

TRAILER AQUÍ

Galería de fotos