Festexamos o Día do Estudante!

f

O pasado martes, 20 de setembro, realizouse o festexo do Día do estudante no nivel secundario. O alumnado decorou as súas aulas con diferentes temáticas para que –posteriormente– o profesorado, exercendo de xurado, votase a súa favorita.

O terceiro posto compartírono primeiro e terceiro ano con temáticas vencelladas ao fútbol e os pitufos, respectivamente. O segundo posto foi para segundo ano coa súa recreación dun casino e o primeiro posto foi este ano para cuarto ano coa súa produción de “The Walking Dead”.

Logos das premiacións, seguimos festexando coa celebración dos maios no Patio do Cruceiro nun evento organizado pola profesora Marta Villar e compartido co nivel primario. Construíuse unha pirámide de flores de papel, compartíronse poesías, cancións e bailes tradicionais.

Agardamos que o pasaran xenial!

Galería de fotos