Ciclo Mestre Mateo: maio 2022

O sábado 28 de mayo, ás 18 horas, proxectarase na Sala Valle Inclán do Centro Galicia de Buenos Aires “A Poeta analfabeta”.

Sinopse:

A Poeta Analfabeta é unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero.

Luz é testimonio vivo das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roja.

O relato do documental xira en torno ao seu retrato: a súa historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética pero tamén en torno aquelo que Luz xera ao seu redor e que conforma o seu legado, porque para moita xente Luz é un referente, case unha icona.

Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das súas mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo?.

A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a colaboración do Instituto Santiago Apóstolo, achegará este ano a Bos Aires oito das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 www.ciclomestremateo.gal

 

Mira o vídeo de presentación aquí https://bit.ly/3GplrVf

Galería de fotos