Instituto Gallego Hispano Argentino Santiago Apostol
  • glGalego
  • esEspañol
Search
  • Home
  • Institucional
    • Ideario
    • Historia
    • Obxetivos Institucionais
    • Uniforme Escolar
  • Académico
    • Inscripción
      • Nivel Secundario
    • Inicial
      • Sala de 2 Anos
      • Sala de 3 Anos
      • Sala de 4 Años
      • Sala de 5 Años
      • Inglés
      • Música
      • Educacion Física
    • Primaria
      • Primeiro Ciclo
      • Segundo Ciclo
      • Inglés
      • Música
      • Plástica
      • Tecnología
      • Educación Física
    • Secundaria
      • Exámenes Internacionales
      • Plan de Estudios
      • Propuesta Educativa
  • Calendari
  • Comunidad
  • Contacto

Imos ao Cabildo!

Abr28

Os nenos das salas de 5 anos visitaron o Cabildo de Buenos Aires. A través do observado e explicado no museo e dos contidos traballados nas salas xunto ás Docentes, os mozos lograron adquirir novas aprendizaxes. Foi unha experiencia moi rica!

#
Xul 19
Mensaje de la Ministra de Educación, Formaci

“La educación es un puente entre países, culturas y generaciones”. Con estas palabras, la Ministra de Educación, Formación Profesional y Deportes de España, Pilar Alegría,...

#
Set 20
FEIRA DO LIBRO 2024

Grazas a quen fixo posible a nosa feira do libro! Foi un evento máxico cheo de historias e creatividade. Gozamos explorando novos mundos, compartindo con escritores, narradoras e...

Novedades

Luns 3 de Novembro

Clases abertas de lingua inglesa no nivel Inicial. Unha visita á graxa

Os nenos e nenas do nivel Inicial xunto a Miss Kathy recibiron ás familias para compartir unha clase en inglés. Xogaron, cantaron e divertíronse cos animais da granxa. Levaron un fermoso recordo que armaron xunto ás súas familias. Grazas por compartir connosco! VER VIDEO AQUÍ

Domingo 16 de Novembro

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego visitou o noso instituto

O pasado venres, Ana Pontón, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, visitou o noso centro educativo, visitou algunhas aulas do nivel Inicial, dialogou cos nenos e nenas e saudou a parte do equipo docente da institución. Posteriormente, acompañada por Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, mantivo un encontro coa Delegación Arxentina da Fundación Galicia América. Nesta xuntanza coñeceu polo miúdo os proxectos educativos que desenvolve o Santiago Apóstolo e asinou no libro institucional de visitas. A dirixente galega mostrouse compracida da liña de traballo que desenvolve o instituto e comprometeu o seu apoio para acompañar os proxectos vindeiros. Asemade, entregou para a biblioteca escolar cadanseu exemplar dos libros “O corvo sobre a neve” de Andrea Maceiras, “Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia” de Anaír e David Rodríguez e “O país invisible” de Arturo Lezcano.

Venres 7 de Novembro

Campamento de 6.° e 7.° grao

Tres días para aprender, compartir e gozar na natureza. Risas, xogos, fogón e desafíos que fortaleceron os lazos do grupo e a autoconfianza. Fermosos momentos que quedarán na memoria de todos e todas 💚 Grazas ás familias por acompañar sempre e ao equipo docente por facelo posible VER VIDEO AQUÍ

Luns 27 de Outubro

Programa Novos Investigadores

A estudante Vitoria Ibarrola, de 4.º ano, participou no Programa Novos Investigadores, organizado pola Biblioteca Nacional Mariano Moreno. O seu traballo de investigación foi seleccionado para formar parte do encontro de peche do programa, un espazo de intercambio e reflexión sobre os proxectos desenvolvidos ao longo do ano. Ademais, o seu traballo foi elixido para ser publicado nun libro do proxecto Novos Investigadores da Biblioteca Nacional, un recoñecemento que destaca a calidade, orixinalidade e compromiso da súa produción. O comité da Biblioteca Nacional subliñou a diversidade e profundidade dos traballos seleccionados, resaltando o valor do proceso de investigación levado adiante polos estudantes. Felicitamos a Vitoria por este logro e por representar o colexio con tanto compromiso e dedicación!

Sábado 19 de Xullo

Mensaje de la Ministra de Educación, Formación Profesional y Deportes de España, Pilar Alegría

“La educación es un puente entre países, culturas y generaciones”. Con estas palabras, la Ministra de Educación, Formación Profesional y Deportes de España, Pilar Alegría, celebró la firma del Convenio entre el Ministerio y el Instituto Gallego Hispano Argentino Santiago Apóstol de Buenos Aires. Este acuerdo permitirá que el alumnado egresado del colegio acceda también al título español de Bachillerato, abriéndoles las puertas a nuevas oportunidades en Europa. Un paso más en el fortalecimiento de los vínculos entre España y Argentina. Mirá el mensaje completo de la ministra en este video.  

Facebook Pagelike Widget
Seguinos en Twitter@apostol_ok Seguinos en Instagram@santiagoapostolok
2016PREMIO LOITEMOS POLA VIDA 20162016“Escuelas Verdes”. Lazo ambiental I2013Premio Setecarballas2013Medalla Mayor de la Hispanidad2013Premio da Cultura Galega2005Medalla Galicia
Previous Next

Paso 51 (entre Av. Rivadavia y Bartolomé Mitre). CABA.

4953-4864 / 4954-6637

administracion@santiagoapostol.edu.ar


Seguinos:

Copyright ©2025 Instituto Gallego Hispano Argentino Santiago Apostol
All rights reserved.
Ver Ley N°2.681