Primaria: 8M Día Internacional da Muller

IMG_1741

O 8 de marzo marca un momento histórico pioneiro na loita pola igualdade de dereitos das mulleres.

Hoxe entendemos que cada un pode ser como queira e como sente. Entendemos e traballamos na deconstrución de estereotipos marcados dende hai moitos anos; anos de sufrimento e batallas perdidas e gañadas.

Canto aprendemos do noso alumnado, canto compromiso por parte dos mozos e mozas ao querer acompañar este proceso desde a transformación de determinados hábitos e debater con certeza e información!.

O Día Internacional da Muller é unha xornada na que dende os 2 cursos de 7.º traballamos con emoción a esgalla e o compañeirismo absoluto de ambos os grupos.

Debatemos, analizamos vídeos curtametraxes e situacións actuais que vivimos día a día.

Seguimos creando conciencia colectiva e traballando xuntos.

Galería de fotos