14-5. 11 hs. Segunda charla do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo”
E Hawking dixo, fágase a luz!
Quen non se preguntou nunca “de onde vén todo isto que vemos ao noso redor?”.
Fai un século esta pregunta quedaba fóra do dominio da física, mais os impresionantes avances científicos que se produciron nos últimos cen anos deron resposta a moitas preguntas referidas á orixe e evolución do Universo.
O xoves 14 de maio ás 16:00 (hora de Madrid) o investigador predoutoral do IGFAE, Alejandro Vilar, fará nesta segunda charla do ciclo “E Hawking dixo, fágase a luz!” unha breve introdución aos logros máis salientables desta fascinante empresa intelectual, e situará o papel que nela xogou Stephen Hawking, probablemente o físico teórico máis popular dos últimos 50 anos pero do que a miúdo se descoñece a relevancia das súas contribucións científicas.
“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela para a comunidade galegofalanteinternacional.
En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.
Podes seguila en directo facendo click aquí (bit.ly/universoperegrino14maio), ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.