Visita de Antón Gómez Reino
Na tarde de hoxe visitou o noso instituto Antón Gómez Reino, candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola coalición Galicia en Común-Anova-Mareas.
Durante o encontro que mantivo coa Delegación arxentina da Fundación Galicia América, o deputado coñeceu o traballo que desenvolve o centro educativo e interesouse pola realidade institucional. Asemade, comprometeu o seu apoio ao Instituto Santiago Apóstolo do que dixo “é un referente que cómpre manter e coidar”.