Comezo das clases no nivel secundario
Na mañá de hoxe, principiaron as clases no nivel secundario do noso instituto cun acto que contou coa presenza do presidente da Delegación arxentina da Fundación Galicia América, autoridades educativas, persoal docente e algunhas familias que desexaron compartir este inicio de ciclo lectivo.
Logo de entoar os himnos arxentino e galego e escoitar entrámbolos dous o himno de España, o reitor do nivel medio, Juan Domingo Rodríguez, explicoulle ao alumnado a importancia de traballar nun clima de concordia a prol da adquisición de coñecemento e lembrou os cambios que se foron sucedendo na institución co obxectivo de adaptarse aos novos requirimentos que o alumnado precisa e que a sociedade da información demanda neste novo século.