María Rosa Lojo, membro de honra da Real Academia Galega

María-Rosa-Lojo-1

O pasado sábado, día 21 deste mes de decembro, a Real Academia Galega nomeou membro de honra á escritora e investigadora arxentina, María Rosa Lojo.

O Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires recibe esta nova con moita ledicia pois, máis aló dos incuestionables méritos intelectuais, María Rosa é unha defensora do traballo que o noso instituto desenvolve e, co seu quefacer cotián, demostra que a marca “Galicia” está viva, que ten enorme potencialidade e que o patrimonio cultural galego sabe convivir nun plano de igualdade co resto do mundo diverso que nos acolle e enriquece.

Máis información: https://academia.gal