Presentación expositiva a cargo do Dr. Ricardo Posatini, médico especialista en cirurxía cardiovascular do Hospital Italiano de Bos Aires.

00- grupal

O luns, 21 de outubro, dentro da materia de Bioloxía que dirixe a profesora Marina Arrighi, o alumnado de 2.º curso de bacharelato asistiu a unha clase sobre o sistema circulatorio humano impartida polo Dr. Ricardo Posatini a quen agradecemos a súa xentil colaboración.

 

Os obxectivos pautados foron:

– Coñecer para previr e adoptar condutas saudables que baixen a probabilidade de afeccións cardiovasculares.

– Integración dos coñecementos impartidos nas clases de Bioloxía.

 

Durante o encontro, empregando diferentes ferramentas didácticas (maqueta do corazón, presentación multimedia, vídeos de cirurxías cardiovasculares [método de bypass]), o Dr. Posatini estableceu unha relación entre os compoñentes do sistema circulatorio humano, afondando na estrutura do corazón, a circulación, as afeccións e os tratamentos posibles.

 

Finalizou o encontro cunha quenda de preguntas dos mozos e mozas ao profesional da sáude.

 

 

 

Galería de fotos